miércoles, 11 de mayo de 2011

A nova realidade do sector forestal

Recientemente a Xunta de Galicia aprobou o marco normativo das futuras Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR), unha nova figura de agrupación de propiedades forestais privadas que pretende dar resposta a un gravísimo problema do monte en Galicia como é a fragmentación das parcelas, xa que a gran parcelación das propiedades forestais en Galicia imposibilita a súa explotación sostible. As SOFOR son sociedades mercantis de dereito privado que permitirán a explotación conxunta de varias propiedades forestais cedidas voluntariamente polos seus donos. Estas sociedades funcionarán no ámbito do derecho privado e o obxectivo é que xeren unha economía por sí mesmas e que soamente necesiten da Xunta nos inicios para empurralas. Con respecto ás superficies mínimas de explotación, varían en función das condicións de aproveitamiento, de modo que para as explotaciones de froito fixouse un mínimo de 15 hectáreas, para especies frondosas 25 hectáreas, e para outras especies un mínimo de 50 hectáreas.


5 comentarios:

  1. Dame a sensación que esta medida non vai arranxar a situación. O que fai falta no país e unha concentración parcelaria seria en todos os ambitos do rural

    ResponderEliminar
  2. Posible intento da xunta encamiñado a solucionar unha das maiores lacras do rural galego: a excesiva fragmentación das parcelas. Será un intento de arranxar esta situación o unha medida populista (desconfío do matiz ``de dereito privado´´, cheira a elusión dos controis públicos). De tódolos xeitos, esta mentalidade``propietario-individualista´´ parece ter un forte arraigo na nosa sociedade rural como para que se corrixa con esta medida (recordemos que en numerosas aldeas o debate e loitar por ter o mellor tractor...)

    (NACHO)

    ResponderEliminar
  3. Non cabe dúbida de que os poderes públicos están na obriga a mover ficha no eido do sector forestal. Estamos ante un futuro negro para o sector primario clásico da economía galega como é a produción leiteira, sobre todo a partir da liberación operada dende os acordos da OMC de 1995. A potenciación do sector forestal é unha das alternativas o fomento do desenvolvemento rural pero ten o enconvinte da excesiva fragmentación da propiedade (practicamente cada galego e propietario de un terreo forestal). Outra cousa é idoneidade das medidas que se van a acometer, das cales o tempo quitar e dará razóns.

    ResponderEliminar
  4. Todo o que sexa mellorar está ben, pero tendo en conta a mentalidade galega, . . . . onde sempre queremos gañar mais có veciño e traballar menos.
    Levamos o minifundismo no sangue, " o que é meu, é meu, ainda que se pudra"!!!!

    ResponderEliminar
  5. Está claro que cambiar a mentalidade e dificil en xeral, e mais en territorios claramente conservadores. Nos debemos acostumar tamén a educar o noso entorno, neste caso tratariase de gañar todos, ainda que esta claro que en moitos sectores do rural galego se analiza mais o que gaña o veciño que as propias posibilididades de crecemento da propia propiedade. De todos modos o que este Goberno vai a propor e a cesión voluntaria da propiedade para a explotación da parcela, nunca a concentración parcelaria obrigatoria, que seguramente sería a medida máis eficaz no largo prazo.

    ResponderEliminar