viernes, 6 de mayo de 2011

Premio transfronterizo á excelencia empresarial

A queixería Casa Macán, na categoría Novo Emprendedor, resultou galardonada na cuarta edición dos Premios Transfronterizos á Excelencia Empresarial, unha iniciativa da Fundación da Confederación de Empresarios de Ourense e do Foro á Excelencia Empresarial.

A Confederación de Empresarios de Lugo, xunto con outras organizacións como a Consellería de Innovación, colabora con estos galardóns, que premian a labor de pemes e emprendedores de Galicia e do Norte de Portugal.

Desta maneira, Casa Macán, foi recoñecida pola «súa aposta polas posibilidades que lle ofrecía o medio rural no que creceu». Segundo a información que figura no dosier do premio, a empresa lucense convertirase na fábrica de queixos con mais capacidade productiva de Galicia (150.000 litros diarios) e mais moderna tecnolóxicamente. Por aquel entón xa contaba con 25 traballadores, dos cales 16 eran mulleres, con toda a repercusión que elo ten para o desenvolvemento do territorio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario