martes, 31 de mayo de 2011

O futuro

A queixería Macán ten grandes proxectos para o futuro tanto do grupo empresarial como do territorio do cal que ser protagonista do seu desenvolvemento. Actualmente construe unha nova planta na que porá en marcha en agosto unha factoría de queixo fundido, que será a primera de esa índole en Galicia. A maiores, a firma completará o proxecto con unha planta de coxeneración de enerxía. Na primera iniciativa inviertense 2,5 millones de euros, mentres que na segunda son 1,3 os millones necesarios para producir un megavatio de potencia.

As obras de construcción das novas instalaciós comenzaron fai uns meses e prevese que estén terminadas a mediados de ano, coa intención de comenzar a traballar en agosto. A quesería volcase así de cheo no mercado do queixo fundido, que xa elabora dende fai tempo ainda que sen gran relevancia no sector. A planta podrá producir catro millons de kilos ao ano.

3.000 metros mais
Eladio Rigueira indicou que as novas instalacións tirán uns 3.000 metros cadrados, que se sumarán aos 4.000 que xa hai na actualidade. Unha vez terminada a nave e dotada de maquinaria, os traballadores actuais, medio centenar, mais outros novos, pasarán a elaborar queixo fundido de distintas variedades, sobre todo productos en barra, crema e fondue, así como en bloque. A idea é cubrir a demanda para distintas elaboracións culinarias, como pizzas, pastas e comida típica de países como Suiza.

Rigueira, propietario da firma, estima que en canto esté en marcha a nueva línea de traballo serán necesarios uns 15 empregados mais, sempre en consonancia coa marcha da iniciativa. Neste sentido explica que a capacidad da nova área será de catro millóns de kilogramos ao ano. Na actualidade salen da firma taboadesa uns tres millones de kilogramos de queso tetilla, Arzúa-Ulloa e barra, con distintas presentacións.

O empresario taboadés conta con que o mercado responda ante su nova oferta. «A aposta faise porque en España só hai tres ou catro fábricas de queixo fundido e boa parte da demanda cúbrese con produtos de fora. Por exemplo, moitas cremas de queixo veñen de Francia e o que se utiliza para fondues, de Suiza», comenta.

Riguera resalta o respaldo da Consellería de Medio Rural para sacar adiante o proxecto. Tirá una subvención de casi un millón de euros, mentres que o resto del capital a invertir procede de financiación propia.

CoxeneraciónTambién con créditos, Casa Macán instalará como complemento unha planta de coxeneración de electricidad que suporá unha inversión de 1,3 millones de euros. Para facela non disporá de axudas oficiais directamente, senon do apoio na financiación, neste caso, do Instituto de Desarrollo Energético, pertencente ao Ministerio de Industria.

A planta de electricidade xenerará unha potencia de un megavatio tras aproveitar o vapor de agua dos gases que xeneran os motores da factoría e da agua quente das camisas da maquinaria. A electricidade verterase na rede para vendela así a unha empresa suministradora.


Oportunidade
Eladio Rigueira decidiu subir un escalón mais no sector «para aproveitar o vacío que hai no mercado e os apoios das administracións e das entidades bancarias. Trátase de ter en conta as oportunidades que dá tamén a crise».

O propietario de Casa Macán entende que «precisamente neste intre hai que entrar no mercado para abastecer dende a nosa fábrica unha liña que ten pouca producción nacional. É un reto e unha satisfacción chegar a ter un produto galego deste tipo no sector», asevera.


EEUU E EMIRATOS ÁRABES
Rigueira pode presumir de que a súa empresa exporta cada mes en torno a duas toneladas de queixo de Tetilla a Estados Unidos. Vendeu ademais a Alemaña ou Holanda, e o objetivo agora é conquistar os Emiratos Árabes.

2 comentarios:

  1. O triste é que na comarca hai moitos productores de leite e unha gran "cooperativa", e non se ven emprededores coma neste caso, por que será????

    ResponderEliminar
  2. Aínda que poderiamos citar un sin fin de causas, a mais destacada seguramente seña a falta de capital humano, esto e algo que está claro. A xente que consigue xerarse un boa formacion academica queda a vivir na cidade e non volta o rural. Tampouco se debe descoñecer a crecente competencia internacional no sector agroalimentario. Nas primeiras negociacións no marco da GATT en 1947 os produtos agrarios estaban excluidos. No sector agrario non se empezou a operar unha certa liberación ata o ano 1995 con importantes acordos dentro da OMC. Como digo serían algunhas das causas mais importantes da crise dos espazos rurais en Europa en xeral e no Estado Español en particular.

    ResponderEliminar