viernes, 13 de mayo de 2011

O coche do marques

Ata ven entrados os anos 50 na parroquia de Esperante, no concello de Taboada, o coche do señor marques era todo un acontecemento. O marques de Figueroa viña visitar o seu Pazo de Vilar duas veces ao ano. Era a única oportunidade da poboación local de ver un coche nesa época, un turismo de época de cor branca, que entusiasmaba por igual a cativos e a maiores. Os cativos porque interiorizaban que o progreso era realmente posible, eso si fora da súa querida adea. Aos maiores, de corte máis conservador, porque era un reforzo do pensamento de que as cousas se estaban a facer ben polo Réxime. O marques de Figueroa tiña, soamente en Galicia, sete pazos e non tivo moito contato coa poboación de esperante pero o seu coche aínda hoxe en día da moito que falar.

2 comentarios:

  1. E por certo e unha pena pero o Pazo esta caendo

    ResponderEliminar
  2. Si desgraciadamente nin os poderes públicos nin a iniciativa privada son capaces de ver a oportunidade que bridaría a recuperación do entorno do lugar de vilar a través da posta en valor do pazo de vilar. O pazo de vilar, a parte ten un valor histórico e etnográfico importante, en plena idade media vivia nel, nese momento era un casa torre, un señor feudal moi relacionado na corte leonesa Peter Tabulae.

    ResponderEliminar