lunes, 25 de abril de 2011

O desenvolvemento


Eladio Rigueira “promove e anima a descubrir as posibilidades reais que presenta o agro”, xa que a transformación da tradicional economía agraria de Galicia pasa “pola transformación e diversificación dun produto básico do agro galego como é o leite”.

Xa a finais da primeira década do século XXI Casa Macan prevía aumentar a súa produción ata os 3.000 kilos de queixo, o que significaba duplicar a facturación dunha empresa que apenas contaba cuns anos de vida.

É destable tamén o carácter emprendedor que protagonizou a rápida evolución desta pequena empresa convertida hoxe na quesería Casa Macán, “un proxecto moi vivo, dinámico e baseado nunha decidida aposta pola innovación tecnolóxica e por una produción de calidade”, segundo argumenta Eladio Rigueira.

Eladio Rigueira Sobrado, enxeñeiro técnico Industrial, apostou durante estes anos pola modernización das instalacións para o que foi necesario un forte investimento, entre o que figura un robot de muxidura, o primeiro que se implantou en Galicia, ademais da máis alta tecnoloxía para a fabricación do queixo, respectando sempre a produción seguindo o método tradicional dentro da Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa e da protexida de Tetilla, ás que pertence.

O seu proceso de crecemento estivo avalado por varios premios concedidos pola Asociación de Frisona Española e a súa homóloga galega, ademais de ser galardoado na cuarta edición dos Premios Agrarios de Galicia 2005 polo seu esforzo a favor do avance do medio rural e de Galicia no seu conxunto, e obter o segundo premio polo seu queixo con D.O. Arzúa-Ulloa na IX Cata dos Queixos de Galicia. Dende o ano 2000 as tres vertentes do negocio foron ampliadas en varias ocasións para facer fronte á demanda, co conseguinte aumento da man de obra.

No apartado de comercialización, o queixo véndese co nome ‘Casa Macán’ e distribúese por Galicia e arredores. Dende 2003, a maior parte da produción véndese no noroeste de España nas tendas de Mercadona, pero coa súa recente ampliación, a intención é estenderse ao resto do país. Ademais, exporta Tetilla para Estados Unidos mediante Mantequerías Arias. A súa produción de patos distribúese a través da empresa Coren.

Cando rematen as súas ampliacións, Casa Macán vaise converter na fábrica de queixos con máis capacidade produtiva de Galicia (120.000 litros diarios), tecnolóxicamente máis moderna e por suposto a máis grande das dúas denominacións de orixe que oferta.

No seu afán de I+D e de sacar novos produtos, a principios de 2008 Casa Macán lanza ao mercado a crema de queixo Arzúa-Ulloa. Este proxecto conta coa colaboración da Dirección Xeral de Investigación e Formación Agroforestal e coa Aula de Produtos Lácteos da USC.


OS DATOS

Factura 7,5 millóns de euros ao ano e trata dous millóns de litros de leite ao mes
A quesería ubicada no Seixo trata dous millones de litros de leite ao mes, procedentes de toda a zoa sur e en torno a un 3% dunha explotación que ten a firma. Ano tras ano incrementase tanto a produción como a facturación, de tal forma que nos últimos anos Casa Macán rexistra un crecimiento sostido de entre o 10 e o 15%, segundo precisou Eladio Rigueira. O 2010 cerrouse con unha facturación de 7,5 millones de euros. O propietario e xerente ten a expectativa de mantener tanto o nivel de crecemento como o de facturación, sobre todo en canto se poña en marcha a nova línea de queixo fundido.


En todo o Estado Español
A firma taboadesa Casa Macán naceu tras unha conversión da explotación gandeira familiar en quesería para satisfacer as novas demandas. Foi en 2004 cando se construiu unha nueva fábrica e comenzou a gañar mercado en todo o Estado Español, de tal forma que os seus produtos distribuisen en todo o territorio e de forma especial nos supermercados da cadea Mercadona. En eles, además das presentaciones tradicionais, tamén se ofertan todas as variedades en lonchas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario