miércoles, 20 de abril de 2011

Os inicios

Formado no campus lucense, onde completou a inxeniería técnica agrícola, Eladio Rigueira empezou fai dez años un intenso proceso de transformación da pequena explotación familiar que herdou, que entonces era unha explotación de carácter medio do rural galego.

Este mozo lucense, que conxuga na súa persoa a esencia das xentes do sector agrario e as dos empresarios, realizou un ambicioso proxecto de ampliación de cabezas de gando, cota láctea e modernización das instalacións. De feito, no ano do comezo da súa traxectoria en 1998 contaba con 20 vacas e na actualidade xa ten 300 animais, aos que hai que engadir unha granxa de patos posta en marcha en 2001 e unha queixería en 2003.

Esta pequeña queixería de pobo (procesaba 500 litros de leite cada dous días) cerraba por xubilación do propietario, e Eladio deu todas as voltas que foron necesarias ata conseguir que o seu pai lle axudase na aventura.

Aquela aventura comenzó con 100.000 euros. Hoxe é propietario da maior fábrica de queixos ao amparo das denominacións de orixe Tetilla e Arzúa-Ulloa, fábrica na que leva invertidos uns 10 millones de euros.

¿Por qué Eladio elixiu o lugar do Seixo para implementar este gran proxecto?, a resposta de Eladio e inmediata e indubitada "porque eu son de eiqui". Casa Macan e un exemplo soberbio de desenvolvemento endóxeno, do bo para entedernos, do que nace do territorio polos axentes locais, do que vai xerar actividade económica no entorno e que vai quedar no mesmo pese as adversidades.

Un momento clave, sen dúbida, para o crecemento de Casa Macan foi o inicio da relación contractual con Mercadona. Este feito posibilitou un cerecemento sostible da mercantil, un cerecemento baseado na calidade do produto final, sen esqueceres a progresiva productividade da súa actividade económica. Eladio é o responsable, como case de todo, de tomar esa iniciativa e lograr chegar a un acordo co xigante alimentario. Para o contrato foi determinante o proxecto empresarial de Casa Macan así como a súa preocupación pola calidade dos seus produtos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario