jueves, 14 de abril de 2011

¿Porque mellor un desenvolvemento endóxeno que un desenvolvemento exóxeno no eido local?

En poucas palabras a gran diferencia entre o desenvolvemento endóxeno e o exóxeno e onde se sitúan as forzas que tiran do proceso. Mentres nun modelo endóxeno os medios productivos están diseñados e controlados por habitantes enraizados no territorio, nos modelos exóxenos estas forzas están implantadas desde o exterior do territorio. Pensemos por exemplo, na implantación de unha grande multinacional no territorio, sería o modelo Citroen na zona de Vigo. Evidentemente e un modelo de desenvolvemento exóxeno, preguntemonos que ocurriría se a dirección da empresa decidise trasladar a producción a unha localidade polaca, que pasaría con tódolos traballadores da empresa e máis do cluster da automoción creado o redor da factoría automobilistica, quen respondería de tódolos investimentos públicos realizados para que a dirección da empresa se sentise cómoda na localización, etc. 

Un desenvolvemento exóxeno somentes ten motivos ecónomicos, unha vez que estes non existan ou señan maiores noutro lugar, as forzas productivas do desenvolvemento marcharán. Por tanto desenvolvemento si, pero mellor se e endóxeno, e decir, que non dependa do exterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario